Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2019

REPRESENTANDO OS NOSOS GUIÓNS

Hoxe realizamos unha sesión extraordinaria na que continuamos pensando no noso guión e unha vez rematado, compartimos o noso resultado co resto do grupo a través dunha representación, que podedes ver no vídeo. Logo, fixemos unha votación para saber cal de todos nos gustaba máis e os gañadores foron o A e o C. Aquí tedes o vídeo Felices festas!

PENSANDO NO GUIÓN

Imaxe
Na sesión de hoxe estivemos divididos en pequenos grupos e pensamos nos guións, en accións, maneiras de representar as interaccións entre os personaxes e a súa personalidade. Xurdiron ideas moi interesantes, pero algúns grupos aínda temos que concretar máis as accións para que se poidan representar de maneira que lle resulte atractivo ao público. O que si tivemos claro todos os grupo, foi o contexto (espacio e lugar) onde queremos que se sitúe a nosa ópera. Aquí vos deixo un time-lapse moi curtiño da sesión de hoxe.

VISITA ESPECIAL

Imaxe
Hoxe recibimos unha visita moi especial. Achegouse ao noso instituto Pablo, o tío de David (un compañeiro da Compañía), que traballa como iluminador de teatros en Londres. Levábamos esperando esta visita moito tempo. El contounos as súas experiencias no mundo do teatro, e sobre todo como debíamos facer as cousas. Máis ben, el sabía máis cousas relacionadas co mundo da iluminación. Tamén falou de como organizarnos á hora de realizar as nosas profesións, é dicir, de como era mellor facer unhas cousas ou outras. Esta charla seviunos moito, xa que recibir unha visita de este tipo é un tanto especial! Recórdovos que nos podedes seguir na nosa conta de INSTAGRAM  e tamén podedes suscribiros na nosa conta de YOUTUBE !

ESTABLECENDO RELACIÓNS ENTRE OS PERSONAXES

Imaxe
Hoxe, pensando nas representacións que fixemos o día anterior, intentamos establecer relacións entre os 5 personaxes. Non foi nada doado, e tivemos que manter unha comunicación activa para lograr acordos. Aquí, podedes ver o resultado.  Na nosa canle de Youtube, atoparedes un vídeo que resume a sesión de hoxe. Tamén podedes seguirnos na nosa nova conta de INSTAGRAM !