Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta traballo por oficio
Imaxe
Hoxe foi un día moi divertido no que traballamos en grupos. Os escenógrafos e iluminadores xuntáronse para falar da decoración do escenario e para propoñer ideas para o estreno. Os actores estiveron ensaiando mentres que os escritores remataban de escribir a obra. Por último, as encargadas de vestiario e maquillaxe comezaron a probar os bocetos que foron pensando ao longo destas sesións en dúas intérpretes.

AVANCES!!!

Imaxe
Hoxe, traballamos cos compañeiros do noso mesmo oficio para ir avanzando na composición da música, guión, escenografía, maquillaxe e peluquería, etc... Os nosos músicos conseguiron crear unha peza musical moi bonita.  As maquilladoras e peluqueiras investigaron sobre os peinados dos anos 80 (anos en que ambientaremos a nosa ópera). Os intérpretes e escritores fixeron grandes avances no guión.  Os escenógrafos e iluminadores comenzaron a crear unha maqueta do escenario para ir pensando no decorado.