Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta dinámicas de grupo

TODOS XUNTOS OUTRA VEZ

Imaxe
Despois de moitas sesións traballando por oficios, hoxe nos reunimos todos para poñernos ao día e evaluar como de avanzados vamos no proxecto, que aspectos temos que mellorar, que tarefas quedan por facer... Botabamos de menos este tipo de sesións.  Escoitamos a música composta polos nosos compañeiros! Os escenógrafos, os iluminadores, maquillaxe, vestiario tamén avanzaron moito no proceso de documentación. Pilar, explicou detalladamente a tarefa da rexidora, directora, etc... e deulles consellos moi importantes aos escenógrafos e iluminadores.  Agora, é cando máis unidos temos que estar : necesitamos que haxa comunicación entre todos nós para que as tarefas que facemos por oficios, formen unha única obra cohesionada e con sentido. Tamén aprendimos que os iluminadores, aínda que ata agora non o parecía, teñen unha función moi importante: sen unha boa iluminación, a nosa ópera non se podera lucir xa que o público non poderá apreciar e ver o decorado, os movementos ...

REPRESENTANDO OS PERSONAXES

Imaxe
Hoxe foi un día no que representamos teatralmente no salón de actos do centro os personaxes creados polos grupos de persoas do outro día (personaxe A, B, C, D e mais E). Realizamos un teatro mudo, é dicir, só usando xestos, sen falar. Ao comezar a clase, Pilar mandounos sentar formando un círculo no chan do salón de actos para explicar todo o que íamos a facer nesta clase. Logo formamos círuclos máis pequenos, un para cada grupo de persoas, no que debatimos sobre como facer ese teatro mudo. Cada equipo tiña que defender as características do seu personaxe que elixiran o outro día (nunha das sesións anteriores). Máis tarde, realizamos todas as representacións. Non saíron tan mal como se pensaba, pero con algúns imprevistos e moi violentas. Finalmente cada grupo saíu ao escenario e alí contaron por que fixeran así o seu teatro mudo. Nesta clase non cantamos o Olelé porque non nos deu tempo. Podedes premer na imaxe inferior para ver o vídeo.

O NOSO NOME: CARIÁTIDES

Imaxe
Hoxe foi un día de grandes avances. Despois de todas estas sesións debatindo activamente sobre o nome da nosa Compañía de Ópera, chegamos a un acordo! Como a fusión entre os nomes Cariátides e Ethereal non nos gustaban a todos, decidimos dar un paso atrás e escoller entre os anteriores, e esta vez decantámonos por CARIÁTIDES.  Logo comezamos coa creación do logo. Vimos algunhas propostas interesantes pero cremos que podemos combinar algunhas ideas para crear un logotipo que nos represente a todos. Tamén fixemos unha dinámica de grupo que consistía en colocarnos sobre unha alfombra (que representaba os restos de un naufraxio) e darlle a volta sen que ninguén caese dela. Intentámolo dúas veces e non fumos quen de conseguilo así que pensarémolo ao longo desta semana.