PROFESIÓNS
A sesión estivo dedicada principalmente a explicar as diferentes profesións e as súas funcións porque temos que ir pensando en que nos gustaría traballar: Director/Directora de produción: organiza os horarios e espazos de traballo da compañía. Supervisa todos os traballos. Figurinistas : deseñan o vestiario Caracterización : Maquillan ou peinan aos intérpretes Escenógrafos/escenógrafas : deseñan a escenografía Iluminadoras/Iluminadores : deseñan a iluminación e constrúen os focos Relacións públicas : traen público ás funcións, fan carteis e programas Rexidor/Rexidora : supervisa o proceso. Da entradas e salidas e cambios de escena durante a función. Sabe todos os papeis porque é o sustituto en caso de que ocorra unha emerxencia. Intérpretes : aprenden o libreto e as cancións e interpretan os seus papeis. Documentalistas : crean un arquivo que mostra o proceso de creación da ópera Escritoras/Escritores : escriben o libreto Compositoras/Compositores : crean a música e toca