PENSANDO O NOSO NOME

Na terceira sesión mandáronnos levar un espello para mirarnos nel e escribir que víamos ao poñernos enfronte del. Algúns de nós atrevéronse a compartir os seus sentimentos máis persoais e aqueles que non o fixeron, viron que había máis xente na súa mesma situación. Tamén comezamos a pensar no noso nome e suxerimos estes:
  • Hermes - deus mensaxeiro.
  • Ópera do Sofía
  • Branca Flor
  • Así somos  nós - defendendo a idea de que cada un de nós é distinto e non temos que avergoñarnos diso.
  • Superando metas
  • Ethereal - que significa "o eterno" en inglés e ademais inclúe as palabras " the real" que significan "o real"
  • Ohana- significa familia en hawaiano.
  • Cariátides - representando que cada un de nós é unha columna e que traballando xuntos, podemos levantar un templo. Fainos pensar no mundo clásico, a perfección, a harmonía e a proporción.
  • Yukuharu

Comentarios