Despois de moitas sesións traballando por oficios, hoxe nos reunimos todos para poñernos ao día e evaluar como de avanzados vamos no proxecto, que aspectos temos que mellorar, que tarefas quedan por facer... Botabamos de menos este tipo de sesións. Escoitamos a música composta polos nosos compañeiros! Os escenógrafos, os iluminadores, maquillaxe, vestiario tamén avanzaron moito no proceso de documentación. Pilar, explicou detalladamente a tarefa da rexidora, directora, etc... e deulles consellos moi importantes aos escenógrafos e iluminadores. Agora, é cando máis unidos temos que estar : necesitamos que haxa comunicación entre todos nós para que as tarefas que facemos por oficios, formen unha única obra cohesionada e con sentido. Tamén aprendimos que os iluminadores, aínda que ata agora non o parecía, teñen unha función moi importante: sen unha boa iluminación, a nosa ópera non se podera lucir xa que o público non poderá apreciar e ver o decorado, os movementos ...