TODOS XUNTOS OUTRA VEZ

Escoitamos a música composta polos nosos compañeiros! Os escenógrafos, os iluminadores, maquillaxe, vestiario tamén avanzaron moito no proceso de documentación. Pilar, explicou detalladamente a tarefa da rexidora, directora, etc... e deulles consellos moi importantes aos escenógrafos e iluminadores.
Agora, é cando máis unidos temos que estar: necesitamos que haxa comunicación entre todos nós para que as tarefas que facemos por oficios, formen unha única obra cohesionada e con sentido.
Tamén aprendimos que os iluminadores, aínda que ata agora non o parecía, teñen unha función moi importante: sen unha boa iluminación, a nosa ópera non se podera lucir xa que o público non poderá apreciar e ver o decorado, os movementos e a expresividade dos personaxes...
Comentarios
Publicar un comentario