VISITAMOS O TEATRO JOFRE!!!
Hoxe, durante as últimas horas da mañá, despois de tanto tempo esperando e tanto contactar, logramos ir ao teatro Jofre, unha excursión moi importante para a nosa Compañía. Ao chegar sacáronnos, unha foto na entrada e despois disto entramos dentro do Teatro. Alí José (director do Torrente Ballester) explicounos a historia do Jofre, como por exemplo cando se inagurou, como era, etc. Él levounos polo edificio ensinándonos a balconada, a galería de fiestras, etc. Moita xente non coñecía esas partes, e quedámonos sorprendidos. Logo pasamos a parte técnica xunto con outro compañeiro de José e ensinounos a parte do escenario, camerinos, etc. Tamén ensinounos como utilizar as luces e como usar todos os mecanismos, tanto do telón, das barras das luces, etc. Pasámolo moi ben, e tamén aprendimos moito! Desexando estrear a obra no teatro Jofre! Recórdovos que podedes visitar a nosa conta de Instagram !!!!!!