Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta compañeirismo

TODOS XUNTOS OUTRA VEZ

Imaxe
Despois de moitas sesións traballando por oficios, hoxe nos reunimos todos para poñernos ao día e evaluar como de avanzados vamos no proxecto, que aspectos temos que mellorar, que tarefas quedan por facer... Botabamos de menos este tipo de sesións.  Escoitamos a música composta polos nosos compañeiros! Os escenógrafos, os iluminadores, maquillaxe, vestiario tamén avanzaron moito no proceso de documentación. Pilar, explicou detalladamente a tarefa da rexidora, directora, etc... e deulles consellos moi importantes aos escenógrafos e iluminadores.  Agora, é cando máis unidos temos que estar : necesitamos que haxa comunicación entre todos nós para que as tarefas que facemos por oficios, formen unha única obra cohesionada e con sentido. Tamén aprendimos que os iluminadores, aínda que ata agora non o parecía, teñen unha función moi importante: sen unha boa iluminación, a nosa ópera non se podera lucir xa que o público non poderá apreciar e ver o decorado, os movementos ...

A NOSA CANCIÓN

Imaxe
En todas as sesións cantamos unha canción titulada Olélé Moliba Makasi, e hoxe, na cuarta sesión sesión, aprendimos o que significa. Para moitos de nós, como podedes ver na imaxe inferior, representa a unión, o equipo e o compañeirismo. Deixámosvos o enlace á canción para que a escoitedes. Hoxe tamén continuamos avanzando no proceso de elección do nome da nosa compañía.