DE XESTIÓNS NO CONCELLO
Hoxe estiveron Guillermo, Nadia e Pilar no concello para realizar as xestións programadas para alugar o Teatro Jofre. Volveron xunto Ana Beceiro (secretaria do concelleiro de cultura) a falar con ela, para saber se o concelleiro nos financiaba o aluguer para facer a representación da obra. A resposta foi que si, polo que comezamos a facer a xestión no despacho de cultura xa que hai que entregar un montón de papeleo. Pouco a pouco conseguiremos o que queremos. RECÓRDOVOS QUE PODEDES IR A NOSA CONTA DE INSTAGRAM !!!!!!!!!!!!