Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta teatro
Imaxe
Hoxe foi un día moi divertido no que traballamos en grupos. Os escenógrafos e iluminadores xuntáronse para falar da decoración do escenario e para propoñer ideas para o estreno. Os actores estiveron ensaiando mentres que os escritores remataban de escribir a obra. Por último, as encargadas de vestiario e maquillaxe comezaron a probar os bocetos que foron pensando ao longo destas sesións en dúas intérpretes.

DE XESTIÓNS NO CONCELLO

Imaxe
Hoxe estiveron Guillermo, Nadia e Pilar no concello para realizar as xestións programadas para alugar o Teatro Jofre. Volveron xunto Ana Beceiro (secretaria do concelleiro de cultura) a falar con ela, para saber se o concelleiro nos financiaba o aluguer para facer a representación da obra. A resposta foi que si, polo que comezamos a facer a xestión no despacho de cultura xa que hai que entregar un montón de papeleo. Pouco a pouco conseguiremos o que queremos. RECÓRDOVOS QUE PODEDES IR A NOSA CONTA DE INSTAGRAM !!!!!!!!!!!!

EMITIMOS DENDE A RADIO LOCAL!

Imaxe
Hoxe fomos á radio local a falar do noso proxecto LÓVA. Estivemos en Radiovoz, no programa de Isidoro Valerio. Alí foi Guillermo, Paula, Pilar e Emilio. Fixéronlles unha serie de preguntas acerca do proxecto. Ademais eles mesmos tamén foron ata o concello para empezar os tramites do aluger do teatro Jofre, pero ese proceso vai ser algo longo debido aos papeleos que hai que facer. Este mesmo día tamén tivemos a clase típica de LÓVA, na que tamén nos dividimos por profesións, quedando na biblioteca estilistas, relacións públicas, escritores e actores, mentres que o resto estaba no salón de actos ou na aula de música. Tamén saímos na prensa, tanto no Diario de Ferrol coma na Voz de Galicia . Entrando aquí, podedes escoitar o noso programa de Isidoro Valerio (Voces de Ferrol)

VISITAMOS O TEATRO JOFRE!!!

Imaxe
Hoxe, durante as últimas horas da mañá, despois de tanto tempo esperando e tanto contactar, logramos ir ao teatro Jofre, unha excursión moi importante para a nosa Compañía. Ao chegar sacáronnos, unha foto na entrada e despois disto entramos dentro do Teatro. Alí José (director do Torrente Ballester) explicounos a historia do Jofre, como por exemplo cando se inagurou, como era, etc. Él levounos polo edificio ensinándonos a balconada, a galería de fiestras, etc. Moita xente non coñecía esas partes, e quedámonos sorprendidos. Logo pasamos a parte técnica xunto con outro compañeiro de José e ensinounos a parte do escenario, camerinos, etc. Tamén ensinounos como utilizar as luces e como usar todos os mecanismos, tanto do telón, das barras das luces, etc. Pasámolo moi ben, e tamén aprendimos moito! Desexando estrear a obra no teatro Jofre! Recórdovos que podedes visitar a nosa conta de Instagram !!!!!!

AVANCES!!!

Imaxe
Hoxe, traballamos cos compañeiros do noso mesmo oficio para ir avanzando na composición da música, guión, escenografía, maquillaxe e peluquería, etc... Os nosos músicos conseguiron crear unha peza musical moi bonita.  As maquilladoras e peluqueiras investigaron sobre os peinados dos anos 80 (anos en que ambientaremos a nosa ópera). Os intérpretes e escritores fixeron grandes avances no guión.  Os escenógrafos e iluminadores comenzaron a crear unha maqueta do escenario para ir pensando no decorado.

REPRESENTANDO OS NOSOS GUIÓNS

Hoxe realizamos unha sesión extraordinaria na que continuamos pensando no noso guión e unha vez rematado, compartimos o noso resultado co resto do grupo a través dunha representación, que podedes ver no vídeo. Logo, fixemos unha votación para saber cal de todos nos gustaba máis e os gañadores foron o A e o C. Aquí tedes o vídeo Felices festas!

ESTABLECENDO RELACIÓNS ENTRE OS PERSONAXES

Imaxe
Hoxe, pensando nas representacións que fixemos o día anterior, intentamos establecer relacións entre os 5 personaxes. Non foi nada doado, e tivemos que manter unha comunicación activa para lograr acordos. Aquí, podedes ver o resultado.  Na nosa canle de Youtube, atoparedes un vídeo que resume a sesión de hoxe. Tamén podedes seguirnos na nosa nova conta de INSTAGRAM !

SEGUNDO DÍA SOBRE O ESCENARIO

Imaxe
Hoxe, volvimos ao salón de actos para crear, en pequenos grupos, outra obra de teatro muda, na que aparecesen representados as personalidades dos 5 personaxes diferentes que xa establecéramos en sesións anteriores. Houbo resultados moi interesantes, que poderedes ver no noso vídeo de Youtube, e descubrimos que intérpretes maravillosos no noso grupo. Para nós, este tipo de sesión resulta moi entretida e algúns estamos desexando volver a actuar, pero o próximo día, tocará establecer relacións entre os personaxes.

REPRESENTANDO OS PERSONAXES

Imaxe
Hoxe foi un día no que representamos teatralmente no salón de actos do centro os personaxes creados polos grupos de persoas do outro día (personaxe A, B, C, D e mais E). Realizamos un teatro mudo, é dicir, só usando xestos, sen falar. Ao comezar a clase, Pilar mandounos sentar formando un círculo no chan do salón de actos para explicar todo o que íamos a facer nesta clase. Logo formamos círuclos máis pequenos, un para cada grupo de persoas, no que debatimos sobre como facer ese teatro mudo. Cada equipo tiña que defender as características do seu personaxe que elixiran o outro día (nunha das sesións anteriores). Máis tarde, realizamos todas as representacións. Non saíron tan mal como se pensaba, pero con algúns imprevistos e moi violentas. Finalmente cada grupo saíu ao escenario e alí contaron por que fixeran así o seu teatro mudo. Nesta clase non cantamos o Olelé porque non nos deu tempo. Podedes premer na imaxe inferior para ver o vídeo.