REPRESENTANDO OS PERSONAXES

Hoxe foi un día no que representamos teatralmente no salón de actos do centro os personaxes creados polos grupos de persoas do outro día (personaxe A, B, C, D e mais E). Realizamos un teatro mudo, é dicir, só usando xestos, sen falar.
Ao comezar a clase, Pilar mandounos sentar formando un círculo no chan do salón de actos para explicar todo o que íamos a facer nesta clase.
Logo formamos círuclos máis pequenos, un para cada grupo de persoas, no que debatimos sobre como facer ese teatro mudo. Cada equipo tiña que defender as características do seu personaxe que elixiran o outro día (nunha das sesións anteriores).
Máis tarde, realizamos todas as representacións. Non saíron tan mal como se pensaba, pero con algúns imprevistos e moi violentas.
Finalmente cada grupo saíu ao escenario e alí contaron por que fixeran así o seu teatro mudo.
Nesta clase non cantamos o Olelé porque non nos deu tempo.
Podedes premer na imaxe inferior para ver o vídeo.


Comentarios