Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

SEGUNDO DÍA SOBRE O ESCENARIO

Imaxe
Hoxe, volvimos ao salón de actos para crear, en pequenos grupos, outra obra de teatro muda, na que aparecesen representados as personalidades dos 5 personaxes diferentes que xa establecéramos en sesións anteriores. Houbo resultados moi interesantes, que poderedes ver no noso vídeo de Youtube, e descubrimos que intérpretes maravillosos no noso grupo. Para nós, este tipo de sesión resulta moi entretida e algúns estamos desexando volver a actuar, pero o próximo día, tocará establecer relacións entre os personaxes.

REPRESENTANDO OS PERSONAXES

Imaxe
Hoxe foi un día no que representamos teatralmente no salón de actos do centro os personaxes creados polos grupos de persoas do outro día (personaxe A, B, C, D e mais E). Realizamos un teatro mudo, é dicir, só usando xestos, sen falar. Ao comezar a clase, Pilar mandounos sentar formando un círculo no chan do salón de actos para explicar todo o que íamos a facer nesta clase. Logo formamos círuclos máis pequenos, un para cada grupo de persoas, no que debatimos sobre como facer ese teatro mudo. Cada equipo tiña que defender as características do seu personaxe que elixiran o outro día (nunha das sesións anteriores). Máis tarde, realizamos todas as representacións. Non saíron tan mal como se pensaba, pero con algúns imprevistos e moi violentas. Finalmente cada grupo saíu ao escenario e alí contaron por que fixeran así o seu teatro mudo. Nesta clase non cantamos o Olelé porque non nos deu tempo. Podedes premer na imaxe inferior para ver o vídeo.

REACCIÓN ÁS NOSAS PROFESIÓNS

Imaxe
Hoxe dividímonos en grupos formados por xente dun mesmo oficio.  O principio da clase dedicámolo a reflexionar e pensar como nos sentíamos tras saber que oficio íamos a representar. Despois duns minutos pensando, compartimos os nosos pensamentos co resto do grupo.  A segunda metade da clase dedicámola a pensar no carácter dos cinco personaxes que protagonizarán a nosa ópera. Podedes ver este vídeo no que se recollen os sentimentos dalgunhas persoas e un time-lapse do proceso de reación dos personaxes.

DESCUBRIMOS AS NOSAS PROFESIÓNS

Hoxe foi un día de indicacións e reflexións. Ao principio, o noso profesor de valores e a nosa profesora de relixión explicáronnos como ían a evaluar o noso traballo. Despois dixéronnos que oficio ou oficios desempeñaría cada un de nós. Estamos moi contentos! Asinamos o contrato de traballo, no cal nos comprometíamos a axudar ao grupo.

SESIÓN EXTRAORDINARIA

Inesperadamente para nós, recibimos a visita dun home especial, Pedro, un dos impulsores do proxecto LÓVA.  Comezamos a sesión encargándolles aos alumnos de 4ºB a elaboración do noso logo. Para iso, antes pensamos no que queríamos representar en el. Fixéronnos algunhas preguntas sobre certos matices e estará listo a principios de xaneiro.  Logo, falamos con Pedro, quen nos fixo algunhas preguntas e suxerencias que nos van resultar moi útiles.

SOLICITUDE PARA ELIXIR A NOSA PROFESIÓN

Imaxe
Ao principio desta sesión déronnos un papel coas profesións e tiñamos que marcar as tres nas que queremos traballar así como xustificar a nosa elección amosando os nosos puntos fortes. Tamén intentamos escoller o tema e a tesis da obra.  Ao final o tema elixido foi a REBELIÓN que decidimos que podíamos combinalo con outros conceptos como a unión e a forza. Despois de escoller o tema pensamos nunha tesis. Para facelo, pensamos individualmente en unha e quen quixera comentala co grupo e defendela, levantávase comezaba a expresar a súa opinión. Houbo moita variedade de opcións: rebelión futurista, na antigüidade e no presente! Aínda non eliximos cal delas vamos a representar.

DEBATINDO SOBRE O NOSO LOGOTIPO

Imaxe
Hoxe, nada máis entrar pola porta déronnos un papel a cada un cun número comprendido entre o 1 e o 5 e dividímonos en grupos para debatir sobre os temas que queríamos representar no logotipo. Despois, cada grupo escolleu a un representante e estos, reuníronse para poñer todo en común. Ao final chegamos á conclusión de que no noso logo queremos representar, nesta orde de prioridade, a unión, a igualdade, a transgresión, a forza e a elegancia.