Primeiro Ensaio

Hoxe foi un día increíble para nós. Os nosos intérpretes fixeron o primeiro ensaio sobre o escenario! Os demais grupos observámolos para entender o contexto da obra e así saber que elementos decorativos ou que tipos de iluminación son adecuados para cada momento. Quedamos moi sorprendidos cos bailes improvisados. Parecía que estaban ensaiados! Os nosos compañeiros de plástica tamén estiveron con nós porque nos van axudar a facer o decorado.


Comentarios