Na sesión de hoxe, os nosos intérpretes e escritores continuaron practicando e perfeccionando o guión mentres os demais escoitabamos con atención. Aínda que non o pareza, esto é moi importante porque, por exemplo, os músicos necesitan saber o contexto no que vai soar a súa peza, os escenógrafos necesitan saber que decorado vai ser necesario, os iluminadores necesitan saber que tipo de luz necesitan en cada momento... Moitos de nós, necesitabamos saber toda esta información para poder continuar desempeñando o noso oficio de maneira eficiente. A partir de hoxe, cada grupo de traballo poderá continuar coa súa tarefa. A labor da directora e das rexidoras é moi importante, porque son as encargadas de coordinarnos a todos a partir de agora.

Se queredes saber máis podedes seguirnos noso Instagram.

Comentarios