DINÁMICAS DE GRUPO

O segundo día fixemos diferentes dinámicas de grupo, co obxetivo de mellorar a comunicación entre nós para propiciar chegar a acordos, compartir ideas e ser quen de desenvolver o proxecto.

Unha destas dinámicas era un xogo que consistía en tecer unha "tea de araña" a partir de lá. Isto serviunos para comprometernos co grupo. Empezamos a pensar en distintos nomes para a nosa compañía pero non chegamos a un acordo.

Outra actividade consistía en pensar en un obxecto moi importante para nós, xustificar a nosa elección e asocialo cun sentimento.

A sesión resultounos entretida e descubrimos a importancia de comprometernos á hora de traballar en grupo e aprendimos unha técnica moi importante para facer silencio, imprescindible para poder facer unha escoita activa.



 

Comentarios