PROFESIÓNS
A sesión estivo dedicada principalmente a explicar as diferentes profesións e as súas funcións porque temos que ir pensando en que nos gustaría traballar:

- Director/Directora de produción: organiza os horarios e espazos de traballo da compañía. Supervisa todos os traballos.
- Figurinistas: deseñan o vestiario
- Caracterización: Maquillan ou peinan aos intérpretes
- Escenógrafos/escenógrafas: deseñan a escenografía
- Iluminadoras/Iluminadores: deseñan a iluminación e constrúen os focos
- Relacións públicas: traen público ás funcións, fan carteis e programas
- Rexidor/Rexidora: supervisa o proceso. Da entradas e salidas e cambios de escena durante a función. Sabe todos os papeis porque é o sustituto en caso de que ocorra unha emerxencia.
- Intérpretes: aprenden o libreto e as cancións e interpretan os seus papeis.
- Documentalistas: crean un arquivo que mostra o proceso de creación da ópera
- Escritoras/Escritores: escriben o libreto
- Compositoras/Compositores: crean a música e tocan os intrumentos
- Carpinteiros/Carpinteiras: contrúen a escenografía
- Equipo económico: supervisa os gastos e o diñeiro da compañía
Tamén pensamos durante uns minutos no tema no que nos gustaría que tratase a ópera. Surxiron moitos e aínda temos que decidir como os vamos a combinar ou cal vai ser o definitivo.
Por último, para rematar a sesión, cantamos todos xuntos Olelé.
Comentarios
Publicar un comentario