O NOSO NOME: CARIÁTIDES

Hoxe foi un día de grandes avances. Despois de todas estas sesións debatindo activamente sobre o nome da nosa Compañía de Ópera, chegamos a un acordo! Como a fusión entre os nomes Cariátides e Ethereal non nos gustaban a todos, decidimos dar un paso atrás e escoller entre os anteriores, e esta vez decantámonos por CARIÁTIDES. 
Logo comezamos coa creación do logo. Vimos algunhas propostas interesantes pero cremos que podemos combinar algunhas ideas para crear un logotipo que nos represente a todos.
Tamén fixemos unha dinámica de grupo que consistía en colocarnos sobre unha alfombra (que representaba os restos de un naufraxio) e darlle a volta sen que ninguén caese dela. Intentámolo dúas veces e non fumos quen de conseguilo así que pensarémolo ao longo desta semana.







Comentarios