Publicacións

ÚLTIMA HORA

Debido ao Estado de Alarma causado polo Covid-19, vínonos obrigados a deter o proceso de produción da nosa obra. A ver si podemos continuar o curso que vén e rematar o que xa tiñamos empezado. Saúde!! 

SEGUNDO ENSAIO

Imaxe
Hoxe estamos no salón de actos con Vily e Emilio facendo o ensaio do segundo acto. Os intérpretes están traballando e os demais estamos mirando e tomando notas para tratar de corrixir os posibles erros. 

Primeiro Ensaio

Imaxe
Hoxe foi un día increíble para nós. Os nosos intérpretes fixeron o primeiro ensaio sobre o escenario! Os demais grupos observámolos para entender o contexto da obra e así saber que elementos decorativos ou que tipos de iluminación son adecuados para cada momento. Quedamos moi sorprendidos cos bailes improvisados. Parecía que estaban ensaiados! Os nosos compañeiros de plástica tamén estiveron con nós porque nos van axudar a facer o decorado.
Imaxe
Hoxe foi un día moi divertido no que traballamos en grupos. Os escenógrafos e iluminadores xuntáronse para falar da decoración do escenario e para propoñer ideas para o estreno. Os actores estiveron ensaiando mentres que os escritores remataban de escribir a obra. Por último, as encargadas de vestiario e maquillaxe comezaron a probar os bocetos que foron pensando ao longo destas sesións en dúas intérpretes.
Imaxe
Na sesión de hoxe, os nosos intérpretes e escritores continuaron practicando e perfeccionando o guión mentres os demais escoitabamos con atención. Aínda que non o pareza, esto é moi importante porque, por exemplo, os músicos necesitan saber o contexto no que vai soar a súa peza, os escenógrafos necesitan saber que decorado vai ser necesario, os iluminadores necesitan saber que tipo de luz necesitan en cada momento... Moitos de nós, necesitabamos saber toda esta información para poder continuar desempeñando o noso oficio de maneira eficiente. A partir de hoxe, cada grupo de traballo poderá continuar coa súa tarefa. A labor da directora e das rexidoras é moi importante, porque son as encargadas de coordinarnos a todos a partir de agora. Se queredes saber máis podedes seguirnos noso Instagram.

ESCOITAMOS O GUIÓN

Imaxe
A sesión de hoxe estivo dedicada aos intérpretes. Por primeira vez, poidemos escoitar o guión que xa está case acabado. Está quedando moi ben e temos moitas gañas de ensinárvolo! Os documentalistas encargámonos escaneamos o logo e xa o temos por fin! Gústavos?

TODOS XUNTOS OUTRA VEZ

Imaxe
Despois de moitas sesións traballando por oficios, hoxe nos reunimos todos para poñernos ao día e evaluar como de avanzados vamos no proxecto, que aspectos temos que mellorar, que tarefas quedan por facer... Botabamos de menos este tipo de sesións.  Escoitamos a música composta polos nosos compañeiros! Os escenógrafos, os iluminadores, maquillaxe, vestiario tamén avanzaron moito no proceso de documentación. Pilar, explicou detalladamente a tarefa da rexidora, directora, etc... e deulles consellos moi importantes aos escenógrafos e iluminadores.  Agora, é cando máis unidos temos que estar : necesitamos que haxa comunicación entre todos nós para que as tarefas que facemos por oficios, formen unha única obra cohesionada e con sentido. Tamén aprendimos que os iluminadores, aínda que ata agora non o parecía, teñen unha función moi importante: sen unha boa iluminación, a nosa ópera non se podera lucir xa que o público non poderá apreciar e ver o decorado, os movementos e a expre